CULTURFIL celebra un simposio internacional sobre feiras internacionais do libro os días 10, 11 e 12 de marzo.

Os próximos 10, 11 e 12 de marzo, inserido no proxecto  CULTURFIL, da Universidade de Santiago de Compostela, celébrase o simposio internacional “Promoción cultural en las ferias internacionales del libro” na sede virtual do Consello da Cultura Galega. No seu programa figuran  diferentes conferencias, ponencias e mesas redondas serán emitidos a través da web da entidade colaboradora do seu canal de Youtube.

O encontro reunirá especialistas académicos/as de prestixio internacional que exporán diferentes traballos e perspectivas relacionadas cos estudos da Cultura. En concreto, neste simposio abordaranse varias ferias internacionais do libro (Liber Madrid-Barcelona, Livre Paris, Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, Feira Internacional do Libro de Bos Aires e Frankfurter Buchmesse) desde a perspectiva dos Estudos da Cultura, a Socioloxía da Tradución e a Economía da Cultura cun equipo pluridisciplinar e internacional, como a socióloga francesa Gisèle Sapiro (EHESS), o antropólogo arxentino Gustavo Sorá, o filólogo Marco Bosshard (Universidade de Flensburg) ou a especialista en Estudos de Tradución Olga Castro (Universidade de Warwick).

CULTURFIL (www.culturfil.org) é un proxecto investigación da USC, no que participan activamente as profesoras da FFT da Uvigo: Iolanda Galanes Santos, Ana Luna Alonso, Silvia Montero Küpper e Aurea Fernández, investigadoras principais e compoñentes do noso grupo de investigación (BIFEGA). O evento dá seguimento a outras actividades do proxecto celebradas moitas delas na Universidade de Vigo e que se poden consultar na páxina Culturfil.