Anunciamos a CONFERENCIA Internacionalización da literatura catalá a partir das feiras internacionais do libro, a cargo de Jordi Jané-Lligé, da Universitat Autònoma de Barcelona.
O relatorio tratará sobre o impacto e as consecuencias que tivo a presenza da cultura catalá como convidada de honra na Feira do Libro de Frankfurt de 2007 na súa internacionalización. Ademais, abordaranse as políticas de difusión internacional da literatura e a cultura catalás do Institut Ramon Llul, así como a incentivación da tradución de autoras e autores cataláns (clásicos, modernos, literatura infantil, etc.). Como exemplo, analizarase a proxección de dous autores contemporáneos: Joan Saes e a súa novela Incerta glòria (un clásico da literatura catalá do século XX) e María Barbal, Premi d´Honra de lles Lletres Cataláns do ano 2021.
O evento terá lugar ás 12:00 h. no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo a través do seu campus remoto ao que se poderá acceder dende o seguinte código QR ou ligazón e chave de acceso:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3010424426
Acceso: EVUeyN8P
A conferencia está organizada polo proxecto CULTURFIL, da Universidade de Santiago de Compostela, e BITRAGA (grupo de investigación de BiFeGa) da Universidade de Vigo, e recibe axuda da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo.
Política de privacidade