A tradución privada na poesía contemporánea feminina galega (1983-2001)

DOUTORANDA Tamara Andrés Padín
TITULO A tradución privada na poesía contemporánea feminina galega (1983-2001)
DIRECTORA

 Ana Luna Alonso

LIÑA DE INVESTIGACIÓN BITRAGA
RESUMO

 

No presente traballo analizaremos, no marco da poesía contemporánea feminina a partir de 1983, a tradución privada, fenómeno apenas investigado con fondura na literatura galega e que consiste, en palabras de Buján e Nogueira (2011:136), nun «exercicio de traslación que se realiza dun xeito particular e sen obxectivo inmediato de publicación. En xeral, trátase de textos soltos que rara ven a luz. Moitos derivan de lecturas motivadas por intereses e gustos persoais, que conforman o humus dunha poética individual, grupal ou mesmo xeracional». Estudaremos desde unha perspectiva de xénero en que medida esas lecturas individuais e privadas se deixan entrever, de forma máis ou menos explícita, nos textos publicados por autoras galegas a partir da década dos noventa, se afecta no marco estudado de xeito individual, grupal ou xeracional e que conclusións se poden extraer. 

PALABRAS CHAVE

Tradución privada, tradución poética, tradución feminista, historia da tradución, Galicia