O vindiero xoves, 26 de maio, ás 16h., presentarase a través da UVigoTv a antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía), unha selección poética de Follas Novas de Rosalía de Castro, matriarca das letras galegas, con traducións en guaraní da tamén poeta Susy Delgado.

O acto desenvolverase de modo virtual e contará coa participación da nosa compañeira Iolanda Galanes Santos, profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo (autora do prólogo e moderadora do acto); e do noso compañeiro Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía Castro e profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, amais doutras figuras destacadas na nota de prensa anexa. 

O acto iniciarase ás 16h. en Galicia e 10h. en Paraguai e poderase seguir a través da seguinte ligazón.

UVigoTV (sala 1): https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/998318684 

Agardamos que sexa do voso interese e poidades asistir. 

 

A presentación foi gravada e arquivada no repositorio da UVigoTV e pode verse NESTA LIGAZÓN.

Tamén é destacable o seu impacto en prensa, como se desprende dos seguintes artigos que recollen a súa repercusión:

Faro de Vigo – Follas Novas xa pode lerse en guaraní”

Atlántico Diario – “Rosalía ‘habla’ un nuevo idioma, guaraní, gracias a Susy Delgado”