O día 17 de marzo de 2023, venres, teremos un encontro internacional no cal convidamos a participar a todas as persoas interesadas. A xornada terá lugar na Camões–CCP de Vigo, con entrada libre.
Ás 11:15h Celia Mendes inicia a Xornada para dar paso á presentación do volume Poesía e Política na Actualidade. Aproximacións Teóricas e Prácticas (Porto, Afrontamento, 2021), ás 11:30h, da man de Burghard Balstruch e Antía Monteagudo. Ás 12:00h contamos coa intervención de Inês Carvalho: “A Terceira Man ou unha outra hipótese tentada – Manuel Gusmão, poética, ética e política” á que, despois do tempo de debate, segue unha mesa redonda sobre “Alberto Pimenta”, coas investigadoras Joana Meirim e Lúcia Liberato Evangelista.
Na sesión da tarde haberá dúas mesas redondas. A primeira dedicada ás “Intermedialidades”, con intervencións de Inês Cardoso e Antía Monteagudo. A segunda mesa da sesión da tarde leva por título “Poesía escoita e documento”, a cargo de Rosa Maria Martelo e Arturo Casas Vales.
Ao final, tras a última mesa e o posterior debate, será presentado o libro da profesora Rosa Maria Martelo, Devagar, a poesía (Documenta, 2022).
Actualización da publicación (5 de abril): os videos da xornada están xa dispoñibles a través da UVigo TV:
https://tv.uvigo.es/series/64184a51b5099d0f4c32e3a5