Comprácenos anunciar as xornadas Comunicar en Igualdade. Ciclo de actividades para a transmisión de valores igualitarios, que recibiron financiamento grazas á Convocatoria 2023 axudas para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo, da Unidade de Igualdade. Como se indica no cartaz, terán lugar os xoves 21 e 28 de setembro de 10.00 a 13.00h na aula ASE da Facultade de Filoloxía e Tradución (antiga Sala de Estudo) e as persoas asistentes recibirán un certificado de asistencia polo que poderán solicitar 0,2 créditos ECTS.
Actividades 21 de setembro 10.00-10.30 – Apertura das xornadas 10.30-11.00 – Celia Rocha-Táboas: Localización de videoxogos con perspectiva de xénero 11.00-12.00 – Carla Míguez Bóveda: Linguaxe inclusiva no ámbito académico 12.00-13.00 – Ártemis López: Faladoiros interseccionais: a in/exclusión na lingua e nos espazos
XovesXoves 28 de setembro 10.00-11.30 – Xulia Daviña Fernández: Igualdade no ámbito lexislativo. Comentario da “Lei Trans” e a “Lei do Só si é si” 11.30-12.30 – Asociación Nós Mesmas: A labor das asociacións feministas 12.30-13.00 – Peche das xornadas
Anexamos o cartaz con toda a información e agardamos que sexa do voso interese.