Alén da vulnerabilidade e da precariedade: Mobilidades transatlánticas na ficción diaspórica africana do Século XXI
DOUTORANDO | Iago Rodríguez Diéguez |
---|---|
TÍTULO | Alén da vulnerabilidade e da precariedade: Mobilidades transatlánticas na ficción | diaspórica africana do Século XXI
DIRECTORA |
Belén Martín Lucas
|
LIÑA DE INVESTIGACIÓN | Feminario |
RESUMO | Este proxecto de investigación propón a análise dun corpus seleccionado de novelas en lingua inglesa de autoría africana que recollen experiencias de mobilidade transatlántica no século XXI. Esta investigación achégase á literatura, e máis concretamente á narrativa de ficción, como material de estudo das respostas culturais á actual crise demográfica no continente africano e a migración cara a Europa e América do Norte. Nas últimas décadas, as literaturas africanas e afrodiaspóricas veñen gozando de maior visibilidade e recoñecemento, especialmente a narrativa en lingua inglesa. Esta tese de doutoramento analizará a representación de temáticas como a vulnerabilidade e a precariedade, que a miúdo pasan desapercibidas na recepción crítica dos textos. O estudo centrarase na análise das solucións e alternativas positivas para a poboación migrante imaxinadas nos textos creativos literarios, dende perspectivas interseccionais e interdisciplinarias que combinan os estudos literarios e culturais con teorías de xénero, da diáspora e da globalización. |
PALABRAS CHAVE | literatura africana, ficción, migración, vulnerabilidade, precariedade. |