ACTIVIDADES · NOVIDADES
Presentación de «Volver a casa» de Yaai Gyasi no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas
A investigadora Sara Tabuyo Santaclara falará de "Volver a casa" de Yaai Gyasi no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas. Terá lugar o día 31 de maio na Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel", ás 18:00 hs.
Obradoiro en liña: O uso da linguaxe non binaria nas linguas minorizadas, o caso do galego. 24 de maio. 15:15 – 16:45 hs.
A investigadora Carla Míguez Bóveda (BITRAGA) imparte a charla en liña: "O uso da linguaxe non-binaria nas linguas minorizadas, o caso do galego". O obradoiro terá lugar o día 24 de maio de 15.15 a 16.45h e será en inglés por petición da organización. Pódese acceder...
Xornadas: Viño, lingua e tradución. 1 de xuño. 12h. Salón de Graos da FFT.
Comprácenos anunciar a conferencia Viño, lingua e tradución que impartirá o catedrático da Universidade de Valladolid Miguel Ibáñez Rodríguez e que terá lugar o xoves 1 de xuño ás 12 h no Salón de Graos da FFT. O acto está organizado polas investigadoras do noso...
Revista Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal. Ampliación de prazo para envío de propostas de artigos: 7 de xullo
Conversas coa nosa xente: Vigo Noir, cidade ilustrada. 18 de maio ás 19h. Edificio Redeiras.
Comprácenos anunciar o acto Vigo Noir, cidade ilustrada, que terá lugar o vindeiro 18 de maio a partir das 19h no Salón de Actos do Edificio Redeiras, na Rúa da Ribeira do Berbés, 11, e do que é co-organizadora unha das nosas compañeiras, Iolanda Galanes Santos. Este...
Xornada: «Girlhood: representacións das nenas e mozas na cultura do século XX», 5 de maio, Salón de Graos, FFT (Uvigo)
Comprácenos anunciar a xornada "Girlhood: representacións das nenas e mozas na cultura do século XXI" que terá lugar o vindeiro 5 de maio no Salón de Graos da FFT, comezando ás 09:50 da mañá. Esta actividade é parte do Ciclo BiFeGa 2023 e está co-financiada por BiFeGa...
Xornadas de Tradución Editorial
Comprácenos anunciar o inicio de Xornadas de Tradución Editorial que se organiza para este mes de abril e maio dende a liña Bitraga: 26 de abril. 09.00 h - 11.00 h. Salón de graos (Facultade de Filoloxía e Tradución, UVigo). Tradución editorial: orientacións dende a...
Ciclo Sesións BiFeGa: «I Obradorio transdisciplinar de análise: teorías feministas do século XXI»
Comprácenos anunciar o inicio do CICLO DE SESIÓNS BiFeGa que se organiza para este mes de abril dende a liña FEMINARIO baixo o título: "I obradorio transdisciplinar de análise: teorías feministas do século XXI", contando co apoio de BiFeGa e a Unidade de Igualdade...
Xornada Internacional sobre Poesía e Política na Actualidade Portuguesa e Galega. 17 de marzo.
O día 17 de marzo de 2023, venres, teremos un encontro internacional no cal convidamos a participar a todas as persoas interesadas. A xornada terá lugar na Camões-CCP de Vigo, con entrada libre. Ás 11:15h Celia Mendes inicia a Xornada para dar paso á presentación do...
Lectura de tese de doutoramento: “INBISIBLE: BISEXUAL ERASURE AND BISEXUAL NARRATIVES IN CONTEMPORARY U.S. CINEMA” de Estrela Rivas López
Comprácenos anunciar o acto de defensa de tese de doutoramento de Estrela Rivas López (Liña FEMINARIO), o vindeiro 12 de abril de 2023 ás 11:00 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutoranda: DNA. ESTRELA RIVAS LÓPEZ Título...
Conferencia: «Agential Environments and Non-human Becoming in Indigenous Epistemologies of Land Aliveness» pola Dra. Andrea Ruthven
O vindeiro luns día 13 de febreiro terá lugar a conferencia “Agential Environments and Non-human Becoming in Indigenous Epistemologies of Land Aliveness” impartida pola Dra. Andrea R. Ruthven (Universitat de les Illes Ballears) en horario de 11-12h no Salón de Graos...
Exposición: «Graça Morais e José Saramago: A Arte de Pensar o ano 1993»
A inauguración da exposición "Graça Morais e José Saramago: A Arte de Pensar O Ano 1993" terá lugar o día 3 de febreiro ás 18:30 no Centro Cultural Camões en Vigo. No acto inaugural contarase coa presentación da exposición por parte do Prof. Burghard Baltrusch,...
VII Conferência José Saramago: «A herança filosófica e sociopolítica de José Saramago»
A VII Conferencia José Saramago terá lugar nos días 26-29 de outubro de 2022. Organizado pola Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo, o Paris Institute for Critical Thinking e o Camões — Centro Cultural Portugués en Vigo, o evento aúna diferentes actividades...
«De mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?» Conferencia de Kathleen March no I Coloquio Internacional BiFeGa
Temos o pracer de anunciar a conferencia de Kathleen March (University of Maine) «De mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?» que será a encargada de poñerlle o broche ao I Coloquio Internacional BiFeGa. Kathleen Nora March é...
I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación, 4-6 xullo.
O I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación terá lugar os vindeiros días 4, 5 e 6 de xullo en modalidade semipresencial, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Será retransmitido pola...
SEMINARIO “(ECO)POÉTICA GUERRILLERA? ECOLOGÍA MILITANTE Y POESÍA COMPROMETIDA”, martes 28 de xuño.
Convidámosvos ao seminario "(Eco)poética guerrillera? Ecología militante y poesía comprometida", organizado por POEPOLIT II e Xian Naia Sánchez, do que podedes obter máis información a través da web e as RRSS do proxecto (ligazóns abaixo). O evento terá lugar o día 28...
Presentación de Rosalía ñe’ë poravopyre: Antoloxía galego-guaraní de Rosalía de Castro.
O vindiero xoves, 26 de maio, ás 16h., presentarase a través da UVigoTv a antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía), unha selección poética de Follas Novas de Rosalía de Castro, matriarca das letras galegas, con traducións...
Congreso Internacional «Humanity/Humanities on the Move», 27-29 de abril.
BiFeGa apoia e colabora no Congreso Internacional "Humanity/Humanities on the Move", que terá lugar os días 27-29 de abril de 2022. Este congreso ten un programa aberto a toda a comunidade interesada no papel das Humanidades sobre o tema "Migracións/ Refuxiadas/os",...
Presentación do libro «Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor», da editorial Peter Lang.
O vindeiro xoves 7 de abril, entre as 16 e 18 horas, terá lugar a presentación do libro Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor, da editorial Peter Lang. O evento emitirase en formato virtual a través da canle Directo1...
Seminario en liña «Testimonies from Gilead: a Feminist Approach to The Handmaid’s Tale Universe», o día 22 de febreiro, a cargo de Sara Tabuyo Santaclara.
Anunciamos que o día 22 de febreiro impartirase o seminario en liña "Testimonies from Gilead: a Feminist Approach to The Handmaid's Tale Universe" a cargo da nosa doutoranda contratada predoutoral Sara Tabuyo Santaclara (Feminario). O seminario, actividade da Rede de...