GRUPOS INTEGRANTES

BITRAGA

O grupo de investigación BITRAGA da Universidade de Vigo ten como obxectivo xeral, desde a súa creación en 2004, compilar as traducións desde e cara ao galego no Catálogo da Tradución Galega.

Más info

Catedra Internacional José Saramago (CJS)

A I Cátedra Internacional José Saramago é un espazo de reflexión e diálogo que ten o obxectivo de promover a cooperación científica, literaria, lingüística, educativa e cultural en torno á figura do Premio Nobel de Literatura 1998 José Saramago a través da investigación, docencia e divulgación social da súa obra humanística.

Más info

Feminario

Grupo multidisciplinario que se concentra nos feminismos e teorías da diferencia na textualidade, a análise crítica feminista, os estudos de xénero e sexualidade na literatura, as teorías da alteridade (os nacionalismos, a sexualidade, a clase e a raza), a globalización, as teorías e a análise crítica da identidade e a subxectividade, as teorías da(s) diáspora(s), a violencia simbólica e a linguaxe non sexista.

Más info

GAELT

GAELT céntrase na realización de proxectos de investigación así como no desenvolvemento de seminarios e congresos ou na elaboración de monográficos dedicados a temas ou figuras relacionados coa literatura e súa teorización e coa tradución e a súa teorización, con especial atención aos estudos galegos e lusófonos.

Más info

LINKTERPRETING

Linkterpreting é unha plataforma de recursos para a interpretación de enlace destinada a intérpretes en formación ou en activo, a persoal docente formador de intérpretes e a calquera persoa interesada.

Más info

TERMINOLOXÍA - TERMINOGRAFÍA