BiFeGa

GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE ESTUDOS LITERARIOS E CULTURAIS, TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

NOVIDADES

ANXO ANGUEIRA INGRESA NA REAL ACADEMIA GALEGA

Anxo Angueira ingresará na Real Academia Galega o 27 de abril deste 2024 nun acto que terá lugar no auditorio municipal  de Padrón ás 12:00hs. O seu discurso titúlase I es noite, i es aurora. A poética da luz de Rosalía de Castro  e poderá seguirse dende academia.gal....

SOBRE BiFeGa

O obxectivo de BiFeGa é a investigación interdisciplinaria a partir de metodoloxías actuais dos Estudos Literarios e Culturais en lingua galega, portuguesa e inglesa; dos Estudos de Tradución, Interpretación e Terminoloxía en inglés, francés, alemán, galego e español; así como dos Estudos Feministas e de Xénero.

BiFeGa componse de sete liñas de investigación e unha cátedra, con máis de 50 investigadoras e investigadores.

Destaca a excelencia e o impacto internacional da nosa produción científica como tamén o elevado número de ámbitos culturais e lingüísticos nos que se publica, dos proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos liderados e participados, así como dos numerosos convenios con entidades nacionais e internacionais.

Membros de BiFeGa lideran entidades de grande relevancia autonómica e internacional, coas que existen numerosas colaboracións: Association of Programmes in Translation and Interpreting Studies in the UK and Ireland, a Fundación Rosalía de Castro en Galicia e a I Cátedra Internacional José Saramago na Universidade de Vigo.

BITRAGA

Panorama e Desenvolvemento da Tradución en Galicia

Documentación e estudo das traducións dende e cara ao galego nun Catálogo dixital da tradución galega que serve de modelo para outros catálogos dixitais dentro e fóra do Estado español.

CJS

I Cátedra Internacional José Saramago

Espazo de reflexión e diálogo que ten o obxectivo de promover a cooperación científica, literaria, lingüística, educativa e cultural en torno a José Saramago a través da investigación, docencia e divulgación social da súa obra humanística.

Feminario I

Estudos da globalización

Estudo interdisciplinario da produción cultural no contexto da globalización, empregando metodoloxías dos estudos decoloniais, feministas, teorías dos afectos e do posthumanismo crítico.

Feminario II

Feminismos e Resistencias

Estudo das teorías feministas, poscoloniais, decoloniais e análise crítica desde a intersección destes marcos da produción cultural anglófona (literaria, audiovisual e outros formatos da cultura popular).

GAELT I

Estudos Literarios Galegos

Estudo da tradición literaria galega a partir de perspectivas sincrónicas como diacrónicas, analíticas como sintéticas, e das súas interrelacións sociolóxicas, tradutolóxicas e de estudos de xénero, promovendo a internacionalización dos Estudos Galegos. 

GAELT II

Estudos Lusófonos e de Tradutoloxía

Documentación e estudo das literaturas lusófonas contemporáneas, así como da poesía actual en lingua portuguesa, galega, española, alemá e inglesa, con metodoloxías tradutolóxicas, de xénero e sociocríticas en xeral. 

Linkterpreting

Estratexias para a mellora da formación e do exercicio profesional

Estudos de interpretación relacionados cos servizos públicos no ámbito xudicial, da análise da interpretación como dereito humano e da creación de condicións para unha mellora da formación e do exercicio profesional.

Terminoloxía

Estudo do comportamento e tratamento terminolóxicos en contexto de mediación lingüística, da variación terminolóxica, neoloxía e avaliación de fontes terminográficas. Produción de repertorios terminográficos.

CONTACTO

Se queres poñerte en contacto co equipo de BiFeGa, contáctanos no correo bifega@uvigo.es e porémonos en contacto contigo o antes posible.