BiFeGa
GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE ESTUDOS LITERARIOS E CULTURAIS, TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN
NOVIDADES
Indiana University: Programas de doutorado (Ph.D.) em Literaturas e Culturas Hispânicas, Linguística Hispânica e Português
É com muito gosto que encaminhamos o flyer anexo e as informações abaixo sobre inscrição em «programas de doutorado (Ph.D.) em Literaturas e Culturas Hispânicas, Linguística Hispânica e Português», bem como «em áreas de concentração secundária (Ph.D. Minors) em...
III Festival das linguas e as culturas
O sábado 26 terá lugar o III Festival das linguas e as culturas no Edificio Redeiras. Podedes atopar o programa neste enlace. Agardámosvos!
Chamada de traballos: Jornadas Femqueer IV (FLUP, 19-20 de novembro de 2026)
Compartimos esta chamada de traballos: É com muito entusiasmo que vimos partilhar que está aberta a chamada de trabalhos para mais uma edição das Jornadas FemQueer. As Jornadas FemQueer IV irão ter lugar na Faculdade de Letras da...
SOBRE BiFeGa
O obxectivo de BiFeGa é a investigación interdisciplinaria a partir de metodoloxías actuais dos Estudos Literarios e Culturais en lingua galega, portuguesa e inglesa; dos Estudos de Tradución, Interpretación e Terminoloxía en inglés, francés, alemán, galego e español; así como dos Estudos Feministas e de Xénero.
BiFeGa componse de sete liñas de investigación e unha cátedra, con máis de 50 investigadoras e investigadores.
Destaca a excelencia e o impacto internacional da nosa produción científica como tamén o elevado número de ámbitos culturais e lingüísticos nos que se publica, dos proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos liderados e participados, así como dos numerosos convenios con entidades nacionais e internacionais.
Membros de BiFeGa lideran entidades de grande relevancia autonómica e internacional, coas que existen numerosas colaboracións: Association of Programmes in Translation and Interpreting Studies in the UK and Ireland, a Fundación Rosalía de Castro en Galicia e a I Cátedra Internacional José Saramago na Universidade de Vigo.
BITRAGA
Panorama e Desenvolvemento da Tradución en GaliciaDocumentación e estudo das traducións dende e cara ao galego nun Catálogo dixital da tradución galega que serve de modelo para outros catálogos dixitais dentro e fóra do Estado español.
CJS
I Cátedra Internacional José SaramagoEspazo de reflexión e diálogo que ten o obxectivo de promover a cooperación científica, literaria, lingüística, educativa e cultural en torno a José Saramago a través da investigación, docencia e divulgación social da súa obra humanística.
Feminario I
Estudos da globalizaciónEstudo interdisciplinario da produción cultural no contexto da globalización, empregando metodoloxías dos estudos decoloniais, feministas, teorías dos afectos e do posthumanismo crítico.
Feminario II
Feminismos e ResistenciasEstudo das teorías feministas, poscoloniais, decoloniais e análise crítica desde a intersección destes marcos da produción cultural anglófona (literaria, audiovisual e outros formatos da cultura popular).
GAELT I
Estudos Literarios GalegosEstudo da tradición literaria galega a partir de perspectivas sincrónicas como diacrónicas, analíticas como sintéticas, e das súas interrelacións sociolóxicas, tradutolóxicas e de estudos de xénero, promovendo a internacionalización dos Estudos Galegos.
GAELT II
Estudos Lusófonos e de TradutoloxíaDocumentación e estudo das literaturas lusófonas contemporáneas, así como da poesía actual en lingua portuguesa, galega, española, alemá e inglesa, con metodoloxías tradutolóxicas, de xénero e sociocríticas en xeral.
Linkterpreting
Estratexias para a mellora da formación e do exercicio profesionalEstudos de interpretación relacionados cos servizos públicos no ámbito xudicial, da análise da interpretación como dereito humano e da creación de condicións para unha mellora da formación e do exercicio profesional.
Terminoloxía
Estudo do comportamento e tratamento terminolóxicos en contexto de mediación lingüística, da variación terminolóxica, neoloxía e avaliación de fontes terminográficas. Produción de repertorios terminográficos.
CONTACTO
Se queres poñerte en contacto co equipo de BiFeGa, contáctanos no correo bifega@uvigo.es e porémonos en contacto contigo o antes posible.