O día 17 de outubro de 2019 o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a presentación dunha nova tradución de Vento ferido de Carlos Casares, nesta ocasión ao esperanto.
Asistirán Hakan Casares e Gustavo Garrido, administrador e secretario da Fundación Casares; Jesús Moinhos, tradutor da obra ao esperanto; e Iolanda Galanes, profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo.
O evento foi grabado e editado polo equipo da UVigo TV e pódese atopar na seguinte ligazón:
Vundita Vento, a tradución ao esperanto de Vento ferido (1967)