Comprácenos anunciar o acto Vigo Noir, cidade ilustrada, que terá lugar o vindeiro 18 de maio a partir das 19h no Salón de Actos do Edificio Redeiras, na Rúa da Ribeira do Berbés, 11, e do que é co-organizadora unha das nosas compañeiras, Iolanda Galanes Santos.
Este acto enmárcase dentro de Conversas coa nosa xente e nesta ocasión o tema central é o Vigo criminal a través da literatura de Pedro Feijoo, María Xosé Porteiro ou Manuel Forcadela, tamén compañeiro de BiFeGa.
Anexamos cartaz e nota de prensa para maior información sobre este interesante acto ao que esperamos que poidades asistir.
Pódese ver a xornada na UVigoTV – Vigo Noir, cidade ilustrada.