Comprácenos anunciar a Xornada de sensibilización en xénero. Feminismos interseccionais: raza, sexo e xénero na literatura e cultura popular contemporánea que terá lugar o vindeiro 21 de setembro no Salón de Graos da FFT, comezando ás 10:30 da mañá.

Esta actividade é parte do Ciclo BiFeGa 2023 e está co-financiada por BiFeGa, a Unidade de Igualdade (na súa convocatoria de actividades de sensibilización) e a I Cátedra Internacional José Saramago.

Esta xornada contará cunha conferencia plenaria a cargo de Rocío Cobo Piñeiro (Universidade de Sevilla) e unha mesa redonda e debate con Iago Rodríguez Diéguez e Alba Zels Garrido (Universidade de Vigo) e Mariana Jorge Lozano (Baphala Ediciones).

Anexamos o cartaz con toda a información e agardamos que sexa do voso interese.

Podedes ver a xornada gravada na UVigoTV – Xornada de sensibilización en xénero: «Feminismos interseccionais: raza, sexo e xénero na literatura e cultura popular contemporánea».