Comprácenos anuncia a celebración do Día Internacional da Tradución 2023 que terá lugar o xoves 28 de setembro. O acto contará cunha conferencia a cargo de Burghard Baltrusch, ás 11:30 h., no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución e un faladoiro no que intervirán Fina Casalderrey, Paula Carballeira e Patricia Buxán na aula 1 do edificio Redeiras, ás 19:00 h.
O evento será retransmitido pola Canle 1 da UVigo TV.
Anexamos o cartaz con toda a información e agardamos que sexa do voso interese.