A manipulación textual das tradutoras do Renacemento: a tradución como ferramenta de creación literaria

 

DOUTORANDA Noelia Pousada Lobeira
TÍTULO A manipulación textual das tradutoras do Renacemento: a tradución como ferramenta de creación literaria
DIRECTORAS

 

Ana Luna Alonso e Lara Domínguez Araújo

LIÑA DE INVESTIGACIÓN BITRAGA
RESUMO Preténdese investigar o labor tradutolóxico das mulleres do Renacemento, as cales, de acordo coa bibliografía dispoñible, contaban con escasas posibilidades de publicar literatura de creación propia, pero gozaban dunha participación máis activa na transmisión literaria da súa época mediante a súa función como tradutoras. O que se desexa analizar son as diverxencias entre os textos orixinais e os traducidos polas mulleres do corpus seleccionado, co obxectivo de estudar o posible emprego da tradución como ferramenta de creación literaria por parte de ditas tradutoras. Así, tratarase de dar resposta ás seguintes preguntas de investigación: que liberdades creativas se aprecian nos textos meta e os paratextos das tradutoras do Renacemento recollidas no corpus? Que técnicas de tradución utilizan para tal fin?
PALABRAS CHAVE historia das tradutoras, historia da tradución, Renacemento, tradución literaria, tradución renacentista