Alén da vulnerabilidade e da precariedade: Mobilidades transatlánticas na ficción diaspórica africana do Século XXI

 

DOUTORANDO Iago Rodríguez Diéguez
TÍTULO Alén da vulnerabilidade e da precariedade: Mobilidades transatlánticas na ficcióndiaspórica africana do Século XXI
DIRECTORA

 

Belén Martín Lucas

LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario
RESUMO Este proxecto de investigación propón a análise dun corpus seleccionado de  novelas en lingua inglesa de autoría africana que recollen experiencias de mobilidade transatlántica no século XXI.
Esta investigación achégase á literatura, e máis concretamente á narrativa de ficción, como material de estudo das respostas culturais á actual crise demográfica no continente africano e a migración cara a Europa e América do Norte. Nas últimas décadas, as literaturas africanas e afrodiaspóricas veñen gozando de maior visibilidade e recoñecemento, especialmente a narrativa en lingua inglesa. Esta tese de doutoramento analizará a representación de temáticas como a vulnerabilidade e a precariedade, que a miúdo pasan desapercibidas na recepción crítica dos textos. O estudo centrarase na análise das solucións e alternativas positivas para a poboación migrante imaxinadas nos textos creativos literarios, dende perspectivas interseccionais e interdisciplinarias que combinan os estudos literarios e culturais con teorías de xénero, da diáspora e da globalización.
PALABRAS CHAVE literatura africana, ficción, migración, vulnerabilidade, precariedade.