Tradución e comercio internacional no sector vitivinícola galego
DOUTORANDA | Ana Iglesias Pérez |
---|---|
TÍTULO |
Tradución e comercio internacional no sector vitivinícola galego
|
DIRECTORA |
Iolanda Galanes Santos
|
LIÑA DE INVESTIGACIÓN | Terminoloxía e Terminografía |
RESUMO |
A crecente internacionalización das adegas galegas implica que exista unha demanda de servizos de tradución e interpretación. O obxectivo da nosa tese, en estado incipiente, é coñecer o papel do tradutor e do intérprete nestas empresas. Para coñecer cantas e cales son no seno das adegas das distintivas Denominacións de Orixe (D.O.), creamos unha base de datos con información sobre esas adegas con respecto á exportación. Os resultados amosan o grao de internacionalización das adegas das D.O. de Galicia e a relevancia das linguas e da tradución na exportación dos seus producos. A partir desta análise, preténdese reflexionar sobre os servizos de tradución e interpretación no Comercio Internacional, en concreto no mundo do viño en Galicia, e seleccionar un corpus de análise representativo da internacionalización destas empresas, das que estudaremos en detalle as súas comunicacións en linguas estranxeiras (inglés e francés). |
PALABRAS CHAVE | tradución, exportación, comercio internacional, viño, vitivinicultura |