Literatura xuvenil de temática LGBT escrita por mulleres irlandesas: Queering a nación

 

DOUTORANDA Iria Seijas Pérez
TÍTULO
Literatura xuvenil de temática LGBT escrita por mulleres irlandesas: Queering a nación
DIRECTORA

 

Belén Martín Lucas

LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario
RESUMO

Este proxecto de investigación aspira a analizar a literatura xuvenil con protagonistas lesbianas ou bisexuais escrita en lingua inglesa por mulleres irlandesas. Esta análise comprende unha variedade de obxectivos, entre os cales destacan a aportación dunha valoración crítica da representación das vidas das adolescentes lesbianas ou bisexuais de Irlanda e de como o lesbianismo e a bisexualidade teñen sido introducidas na ficción xuvenil irlandesa, e o estudo dos cambios sociais que ten experimentado Irlanda en relación cos dereitos da comunidade LGBTQ+, partindo da influencia da ideoloxía do nacionalismo católico na vida e identidade desta comunidade no país. Para levar isto a cabo, analizarase un corpus composto por diferentes novelas de literatura xuvenil escritas en inglés por autoras irlandesas, a través dos marcos teóricos feministas e queer, prestando particular atención ao significado da representación das diferentes protagonistas.

PALABRAS CHAVE literatura xuvenil, literatura irlandesa, estudos LGBTQ+, sexualidade, estudos feministas