O programa do noso III Encontro BiFeGa «Entallar a palabra: Literatura, cultura e tradución», que terá lugar os días 14-16 de outubro na FFT da UVigo, pode ser descargado aquí. Neste programa tamén xa constan os textos dos que partirán os debates do seminario e dos obradoiros de literatura (en actualización).
O Coloquio inclúe un seminario aberto a cargo de Sara Guerrero e Rodrigo Herrera Alfaya, xunto con varias mesas de traballo moderadas por doutorandxs do grupo BiFeGa e dos programas de doutoramento en Estudos Literarios e en Estudos Ingleses Avanzados (Xian Naya, Helena I. Lópes, Noemí Garrido, Sara Tabuyo, Iago Rodriguez e Alba Zels, entre outrxs).
Trátase tamén de crear un espazo aberto para conversas sobre os diferentes traballos/proxectos de investigación do alumnado de doutoramento que participa, pero tamén de cara a un intercambio colectivo sobre a carreira investigadora en xeral.
Este III Encontro terá lugar de modo presencial na sala C11 (días 14 e 15) e C12 (día 16) e de modo virtual a través da Sala BiFeGa do Campus Remoto, entrando como estudantado coa chave UAdqrn7W en
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9862509602