Sobre-naturalizar a alteridade. Un bestiario queer da poesía galega contemporánea.
| DOUTORANDA | Branca Trigo Cabaleiro |
|---|---|
| TÍTULO |
Sobre-naturalizar a alteridade. Un bestiario queer da poesía galega contemporánea.
|
| DIRECTOR |
Burghard Baltrusch
|
| LIÑA DE INVESTIGACIÓN | GAELT |
| RESUMO |
Neste proxecto partirase de arquetipos monstrosos e sobrenaturais resignificados polo pensamento (trans)feminista para buscar a súa pegada na poesía galega contemporánea. O traballo dividirase en bloques segundo as diferentes figuras analizadas a modo de bestiario. En cada un dos apartados reflexionarase acerca da simboloxía da criatura, farase un percorrido da súa evolución histórica e elaborarase un corpus de textos poéticos galegos nos que faga aparición. Estes pertencerán a obras publicadas entre os anos 2000 e 2024, por ser este o período con máis presenza de subxectividades queer na nosa literatura en canto a autorías e liñas temáticas. Alén diso, recolleranse exemplos puntuais de publicacións anteriores, así como un pequeno corpus de literatura lusófona. |
| Palabras chave | poesía galega, poesía contemporánea, xénero, monstro, queer |