
Con fonda tristeza comunicámosvos o falecemento de quen fora a nosa colega de BiFeGa-Feminario, Teresa Bermúdez Montes, até 2017.
Teresa foi profesora e investigadora no Departamento de Filoloxía Galega durante moitos anos, coeditora da colección iBroLit, onde publicou a primeira antoloxía de estudos sobre literatura e menstruación en Galicia e no mundo lusófono, entre moitos outros méritos destacábeis.
Non queremos lembrala unicamente pola súa indiscutible profesionalidade como docente e investigadora, senón tamén como compañeira de traballo sempre xenerosa, pola súa enorme empatía e calidade humana.
Que a terra lle sexa leve.
A coordinación de BiFeGa