Análisis contrastivo (Inglés-Español) de la terminología de la crisis económica internacional. Neología y traducción.

DOUTORANDA María Paz Orois Fernández
TÍTULO Análisis contrastivo (Inglés-Español) de la terminología de la crisis económica internacional. Neología y traducción.
DIRECTORAS

Áurea Fernández Rodríguez  e Iolanda Galanes Santos

LIÑA DE INVESTIGACIÓN Terminoloxía
RESUMO

Un dos obxectivos da nosa investigación é tentar responder dende a terminoloxía a certas necesidades en materia de composición sintagmática que teñen as persoas que se dedican á tradución e as expertas en economía que producen textos en inglés e español.

Este estudo ten así como finalidade principal evidenciar, a partir dunha observación empírica, como se realiza a composición sintagmática en inglés e en español no ámbito dos textos sobre a crise económica, tendo en conta a posición privilexiada do inglés que é, ao mesmo tempo, a lingua da neoloxía primaria neste campo e a lingua utilizada na comunicación internacional.

En definitiva, proponse analizar o frecuente recurso da composición sintagmática na formación de novos termos na linguaxe da crise económica dende o punto de vista contrastivo inglés-español; é dicir, tanto na lingua exportadora (inglés) como na receptora (español), a partir de textos reais producidos por persoas expertas.

Desta finalidade principal derívanse unha serie de obxectivos máis específicos que serven para caracterizar a dinámica destas unidades e que se centran en identificar os sintagmas que constitúen potenciais compostos sintagmáticos en inglés, xa estean ou non lexicalizados; establecer a súa tipoloxía e analizalos cuantitativamente, a partir dun corpus bilingüe especializado da crise económica formado por un tipo de texto concreto: o xornalístico. Así mesmo, describimos formal, sintactica e semanticamente estes compostos, prevemos como van ser estas formas nun futuro e valoramos o seu grao de lexicalización actual e a súa posible evolución cara a unha estabilización conceptual e formal.

PALABRAS CHAVE Terminoloxía, análise contrastiva, crise económica, neoloxía, tradución.