Máis alá do romanticismo: o simbolismo literario na literatura galega
DOUTORANDO | Manuel Naveira Fuentes |
---|---|
TÍTULO | Máis alá do romanticismo: o simbolismo literario na literatura galega |
DIRECTOR |
Manuel Santiago Álvarez Fernández (Forcadela)
|
LIÑA DE INVESTIGACIÓN | GAELT |
RESUMO |
Con este traballo de tese preténdese investigar a influencia que o simbolismo literario (ou supernaturalismo) tivo na literatura galega, para o que se estabelecen tres partes relacionadas entre si: En primeiro lugar o estudo do movemento simbolista, os seus fundamentos e características, á par de estabelecer as conexións existentes coas diversas perspectivas filosóficas, tanto anteriores coma coetáneas e seguintes; tratando así as súas propias influencias e o movemento en si a modo de influencia. En segundo lugar tratarase o estudo dos autores galegos que se viron influenciados por este movemento, para así tratar os puntos en común e as innovacións que reflicten na súa obra. En terceiro e último lugar, a modo de síntese, estabelecerase unha xenealoxía de autores marcados polas influencias deste movemento literario, á vez que se tratarán as pautas do pensamento galego nas que influíu o simbolismo literario. |
PALABRAS CHAVE | Simbolismo, xenealoxía, malditismo, literatura comparada, hermenéutica |