A manipulación textual das tradutoras do Renacemento: a tradución como ferramenta de creación literaria

 

DOUTORANDA Noelia Pousada Lobeira
TÍTULO Traducir e ler en feminino: a tradución e a lectura como fenómeno feminino nos paratextos das tradutoras da Idade Moderna
DIRECTORAS

 

Ana Luna Alonso e Lara Domínguez Araújo

LIÑA DE INVESTIGACIÓN BITRAGA
RESUMO  Preténdese explorar nesta tese a produción paratextual de once tradutoras que, entre os séculos xvi xvii, escriben en inglés, francés, italiano e castelán. Tendo en conta o vínculo particular que, na Idade Moderna, une a muller e a tradución, ao producirse certa feminización desta última, en contraposición coa masculinización da escritura orixinal, realizarase unha análise paratextual dun corpus de trinta paratextos escritos por Ippolita Clara, Hélisenne de Crenne, Isabel i de Inglaterra, Laura Battiferri, Marie de Cotteblanche, Margaret Tyler, Francisca de Passier, Marie de Gournay, Anna Hume, Aphra Behn e Isabel Correa. É o obxectivo da tese examinar a perspectiva feminizada que adoptan tales tradutoras modernas para defender nos seus paratextos o seu desexo e a súa capacidade tanto de traducir como, en calidade de lectoras, de interpretar o traducido. Para isto, buscarase satisfacer dúas preguntas de investigación: como feminizan paratextualmente as tradutoras modernas do corpus os discursos no que concirne á tradución? Como feminizan paratextualmente as tradutoras modernas do corpus a lectura? Así pois, aspírase a descubrir como estas tradutoras modernas concilian paratextualmente a súa situación sociocultural co acto tradutor e lector, ao que someten a un proceso de feminización que acaso lles posibilita traducir e ler en feminino.
PALABRAS CHAVE historia da tradutora, historia da tradución, tradución da Idade Moderna, muller da Idade Moderna, paratexto.