Comprácenos anunciar a xornada internacional «O poético e o político na actualidade: exemplos dos ámbitos galego e portugués» que terá lugar o vindeiro 3 de xullo no Salón de Graos da FFT, comezando ás 10:00 da mañá.

Esta actividade é parte do Ciclo BiFeGa 2023 e está co-financiada por BiFeGa, POEPOLIT II e a I Cátedra Internacional José Saramago.
10:00 h Apertura por Burghard Baltrusch
10:30 h Conferencia de Marinela Freitas (Universidade de Porto): E dizer não, não, não!: A arte política de Ana Luísa Amaral.
11:30 h Café
12:00 h Mesa redonda 1: Ana Luísa Amaral, Ary dos Santos, José Saramago
Helena I. Lopes (Universidade de Vigo/ISCAP): Matar é fácil: antiespecismo na poesía de Ana Luísa Amaral.
Vanda Fernandes (Universidade de Vigo/POEPOLIT II): Judas Iscariote, de José Saramago: entre a religião, a poesía e a política.
Ana Sofía Henrique (Universidade de Vigo/CJS): 50 anos da «Tourada» – Ary dos Santos, a metáfora e a crítica ao Estado Novo.
14:00 h Xantar
15:30 h Mesa redonda 2: Xela Arias, Blanca Andreu, Festival da Poesía do Condado
Noemí Garrido (Universidade de Vigo/POEPOLIT II): Alabanza de las mujeres peligrosas. Sobre la reapropiación del símbolo del  caballo en dos figuras transicionales: Xela Arias y Blanca Andreu.
Xián Naia (Universidade de Vigo/POEPOLIT II): Festival da Poesía do Condado. Contribuções para uma sociologia da experiência literária.
17:00 h Clausura
A xornada será retransmitida pola UVigoTV na canle Directo 1 á que se pode acceder através do código QR que aparace no cartaz anexado abaixo.
Agardamos que sexa do voso interese.

Para ler a nova «Especialistas galegos e portugueses afondan nunha xornada internacional na estreita relación entre poesía e política» sobre estas xornadas publicada no DUVI, pinchar aquí.