A paratradución da linguaxe non binaria: unha guía para a especialización profesional
DOUTORANDA | Carla Míguez Bóveda |
---|---|
TÍTULO | A paratradución da linguaxe non binaria: unha guía para a especialización profesional |
DIRECTORXS |
Ana Luna Alonso e Alberto Álvarez Lugrís
|
LIÑA DE INVESTIGACIÓN | BITRAGA |
RESUMO | Esta investigación ten a súa base na crenza de que é preciso formar a profesionais da paratradución e da parainterpretación sobre como enfrontarse a textos nos que a linguaxe non binaria está presente, concretamente dentro do ámbito cultural. Facemos un estudo de diferentes produtos culturais, tanto literarios como audiovisuais, e discutimos as súas paratraducións oficiais ou as posibilidades que existirían nunha serie de hipotéticas encomendas de características diferentes elaboradas tendo en conta as limitacións que poderían existir nun caso real. As maiores complexidades da paratradución de textos non binarios residen no descoñecemento, na falta de formación ou especialización e mesmo no rexeitamento que esta linguaxe produce en parte da sociedade e, por tanto, entre profesionais e público meta do produto cultural en cuestión. |
ENTRADA NO PROGRAMA | 2021 |
PALABRAS CHAVE | paratradución, linguaxe non binaria, xénero e tradución, tradución queer, especialización |
Céad Míle Fáilte? Twenty-First Century Irish Fiction by Asylum-Seeking and Refugee Women
DOUTORANDA Sara Martín Ruiz TITULO Céad Míle Fáilte? Twenty-First Century Irish Fiction by Asylum-Seeking and Refugee Women DIRECTORXS Dra. Aida Rosende Pérez (co-directorDr. Seán Kennedy (St Mary's University, Halifax)) LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This...
InBIsibility: Bisexual Erasure and Bisexual Narratives in Contemporary Cinema
DOUTORANDA Estrela Rivas López TITULO InBIsibility: Bisexual Erasure and Bisexual Narratives in Contemporary Cinema DIRECTORAS Belén Martín Lucas (Co-dirección con Andrea Ruthven, Universitat de les Illes Balears) LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This...
Simbología y creatividad léxico-semántica en Mia Couto – Una propuesta de análisis traductológico
DOUTOR Andrés Xosé Salter Iglesias TITULO Simbología y creatividad léxico-semántica en Mia Couto - Una propuesta de análisis traductológico DIRECTORXS Dra. Maribel del Pozo Triviño e Dr. Alberto Álvarez Lugrís LIÑA DE INVESTIGACIÓN Antropología y Traducción /...
El biopic como género empoderador en la cinematografía feminista afroamericana del siglo XXI
DOUTORANDA María Platas Alonso TITULO El biopic como género empoderador en la cinematografía feminista afroamericana del siglo XXI DIRECTORA Belén Martín Lucas LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO Esta tese estuda o biopic contemporáneo como estratexia fílmica...
South African Gay Narratives, Michel Foucault and the Un-Queer Politics of Apartheid: Panopticism in the Age of Homophobia
DOUTORANDA Mariana Jorge Lozano TITULO South African Gay Narratives, Michel Foucault and the Un-Queer Politics of Apartheid: Panopticism in the Age of Homophobia DIRECTORA Belén Martín Lucas LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This thesis analyses, from a...
Contemporary Indigenous Women’s Fiction from the Pacific: Discourses of Resistance and the (Re)Writing of Spaces of Violence and Desire
DOUTORA Ana Cristina Gomes da Rocha TITULO Contemporary Indigenous Women's Fiction from the Pacific:Discourses of Resistance and the (Re)Writing of Spaces of Violence and Desire RESUMO This project intends to explore the complex effects of colonialism, independence...
Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling
DOUTORA Luisa Cazorla Torrado TITULO Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling DIRECTORA Belén Martín Lucas RESUMO Durante séculos, as colchas feitas por mulleres estadounidenses de raza negra permaneceron alleas ao interese da crítica...