El biopic como género empoderador en la cinematografía feminista afroamericana del siglo XXI
DOUTORANDA | María Platas Alonso |
---|---|
TITULO | El biopic como género empoderador en la cinematografía feminista afroamericana del siglo XXI |
DIRECTORA |
Belén Martín Lucas
|
LIÑA DE INVESTIGACIÓN | Feminario |
RESUMO |
Esta tese estuda o biopic contemporáneo como estratexia fílmica narrativa e visual para o empoderamento das mulleres no cine feminista afroamericano do século XXI. Os dous biopics seleccionados para un estudo en profundidade, Living with Pride: Ruth C. Ellis @ 100 (1999) e The Rosa Parks Story (2002), traen á fronte as relevantes accións levadas a cabo por dúas afroamericanas que se convertiron en activistas sociais e influentes figuras políticas e culturais. As súas vidas foron silenciadas dentro dos discursos patriarcais e racistas dominantes que tamén impregnan a industria cinematográfica. Os biopics analizados poden ser considerados exemplos rompedores que propoñen visións alternativas da comunidade negra, especialmente tendo consideración sobre a complexidade das súas protagonistas. O estudo está estruturado en dúas partes con tres capítulos cada unha. A Parte I, “Luz sobre sombras: aproximación historiográfica ao cinema feminista afroamericano”, comprende os capítulos teóricos que serven de introducción á historia do cine feminista afroamericano e as súas significativas contribucións no desenvolvemento do cine estadounidense contemporáneo. O primeiro capítulo céntrase nas precursoras, aquelas mulleres afroamericanas que tanto como directoras, guionistas, produtoras, e distribuidoras xogaron unha función decisiva nas orixes da industria da imaxe nos Estados Unidos. O segundo capítulo está dedicado ás directoras que emerxeron na segunda parte do século XX. E o terceiro pon o foco no cambio ao século XXI e á amálgama de xéneros cinematográficos novos que xurdiron naquel tempo. Foi naquel momento cando o biopic comezou a gañar en popularidade dentro do cine feminista afroamericano. Este tema será plenamente estudado na Parte II “O biopic como xénero empoderador no cine feminista afroamericano contemporáneo.” De temática variada, os biopics amosaban unha intención común: dar voz a afroamericanas relevantes que foron recurrentemente invisibilizadas no curso da historia hexemónica. Estes aspectos respecto do biopic como xénero en relación á teoría e crítica fílmica feminista afroamericana serán estudados a fondo no capítulo 4. Os dous seguintes capítulos desta segunda parte estarán dedicados aos dous casos de estudo seleccionados como exemplos representativos do biopic feminista afroamericano. O capítulo 5 estará dedicado a analizar o biopic documental Living with Pride: Ruth C. Ellis @ 100 (1999) da cineasta independente Yvonne Welbon, e o capítulo 6 situará o seu foco na TV-movie The Rosa Parks Story (2002), da aclamada Julie Dash. As miñas conclusións finais resumirán como o biopic feminista afroamericano ofrece representacións heteroxéneas das afroamericanas, rompendo e desafiando, así, os estereotipos limitadores previamente difundidos polo cine dominante ao longo do século XX.
|
ENTRADA DE DEFENSA |
2022 |
PALABRAS CLAVE | Biografía; biopic; cine; feminismo afroamericano; directoras afroamericanas |
Céad Míle Fáilte? Twenty-First Century Irish Fiction by Asylum-Seeking and Refugee Women
DOUTORANDA Sara Martín Ruiz TITULO Céad Míle Fáilte? Twenty-First Century Irish Fiction by Asylum-Seeking and Refugee Women DIRECTORXS Dra. Aida Rosende Pérez (co-directorDr. Seán Kennedy (St Mary's University, Halifax)) LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This...
InBIsibility: Bisexual Erasure and Bisexual Narratives in Contemporary Cinema
DOUTORANDA Estrela Rivas López TITULO InBIsibility: Bisexual Erasure and Bisexual Narratives in Contemporary Cinema DIRECTORAS Belén Martín Lucas (Co-dirección con Andrea Ruthven, Universitat de les Illes Balears) LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This...
Simbología y creatividad léxico-semántica en Mia Couto – Una propuesta de análisis traductológico
DOUTOR Andrés Xosé Salter Iglesias TITULO Simbología y creatividad léxico-semántica en Mia Couto - Una propuesta de análisis traductológico DIRECTORXS Dra. Maribel del Pozo Triviño e Dr. Alberto Álvarez Lugrís LIÑA DE INVESTIGACIÓN Antropología y Traducción /...
South African Gay Narratives, Michel Foucault and the Un-Queer Politics of Apartheid: Panopticism in the Age of Homophobia
DOUTORANDA Mariana Jorge Lozano TITULO South African Gay Narratives, Michel Foucault and the Un-Queer Politics of Apartheid: Panopticism in the Age of Homophobia DIRECTORA Belén Martín Lucas LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario RESUMO This thesis analyses, from a...
Contemporary Indigenous Women’s Fiction from the Pacific: Discourses of Resistance and the (Re)Writing of Spaces of Violence and Desire
DOUTORA Ana Cristina Gomes da Rocha TITULO Contemporary Indigenous Women's Fiction from the Pacific:Discourses of Resistance and the (Re)Writing of Spaces of Violence and Desire RESUMO This project intends to explore the complex effects of colonialism, independence...
Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling
DOUTORA Luisa Cazorla Torrado TITULO Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling DIRECTORA Belén Martín Lucas RESUMO Durante séculos, as colchas feitas por mulleres estadounidenses de raza negra permaneceron alleas ao interese da crítica...