A VII Conferencia José Saramago terá lugar nos días 26-29 de outubro de 2022. Organizado pola Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo, o Paris Institute for Critical Thinking e o Camões — Centro Cultural Portugués en Vigo, o evento aúna diferentes actividades académicas e culturais que compoñen o seu interesante programa (visitar sitio web CJS).
O tema do evento, «A HERANÇA FILOSÓFICA E SOCIOPOLÍTICA DE JOSÉ SARAMAGO”, parte do libro Saramago’s Philosophical Heritage (2018), editado polos filósofos e profesores do Paris Institute for Critical Thinking (PICT), Carlo Salzani (University of Veterinary Medicine Vienna) e Kristoff Vanhoutte (University of the Free State, Bloemfontein), coorganizadores do evento.
Como primeiro eixo temático, explorarase a gran relevancia contemporánea do legado filosófico deixado por José Saramago, incluindo cuestións relacionadas con os animais, a empatía e o antropomorfismo. Completan este eixo, entre outros, os obxectivos sociopolíticos da rede JANGADA, a partir dos principios ético-morais consagrados na Carta Universal dos Deveres e Obrigações dos Seres Humanos.
Inspirada no discurso que Saramago pronunciou no dia 10 de decembro de 1998 en Estocolmo, cando recibiu o Premio Nobel de Literatura, a Carta foi elaborada na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) por unha comisión de especialistas internacionais e enviada á ONU en 2018. Así, o segundo eixo temático desta conferencia será esta Carta e o debate internacional sobre os seus temas.
O terceiro eixo temático incidirá sobre a relación entre o poético e o político en José Saramago, en estreito diálogo con o proxecto “Contemporary Poetry and Politics: Social Conflicts and Poetic Dialogisms”, dirixido pola CJS.
O cuarto e último eixo temático estará dedicado ás reflexións sobre a situación actual e o futuro da cultura e lingua galegas, a partir das coordenadas e reivindicacións que nos ofrece o pensamento saramaguiano.
As linguas da Conferencia serán o portugués, o galego, o español e o inglés.
Ver PROGRAMA