A paratradución da linguaxe non binaria: unha guía para a especialización profesional

 

DOUTORANDA Carla Míguez Bóveda
 TÍTULO A paratradución da linguaxe non binaria: unha guía para a especialización profesional
DIRECTORXS

Ana Luna Alonso e Alberto Álvarez Lugrís

LIÑA DE INVESTIGACIÓN BITRAGA
RESUMO Esta investigación ten a súa base na crenza de que é preciso formar a profesionais da paratradución e da parainterpretación sobre como enfrontarse a textos nos que a linguaxe non binaria está presente, concretamente dentro do ámbito cultural. Facemos un estudo de diferentes produtos culturais, tanto literarios como audiovisuais, e discutimos as súas paratraducións oficiais ou as posibilidades que existirían nunha serie de hipotéticas encomendas de características diferentes elaboradas tendo en conta as limitacións que poderían existir nun caso real. As maiores complexidades da paratradución de textos non binarios residen no descoñecemento, na falta de formación ou especialización e mesmo no rexeitamento que esta linguaxe produce en parte da sociedade e, por tanto, entre profesionais e público meta do produto cultural en cuestión.
ENTRADA NO PROGRAMA 2021
PALABRAS CHAVE paratradución, linguaxe non binaria, xénero e tradución, tradución queer, especialización